Monthly ArchiveMaio 2017

ByMilesios

Concurso de vídeos indoevindo

Queres gañar un pack de Milesios (CD Indoevindo + bolsa Indoevindo + camisola + CD Alén Mar)? Participa no noso concurso indoevindo: envíanos a túa versión do vídeo de presentación do disco e participarás no sorteo! 🙂

Podes deixar o vídeo no noso muro de facebook ou enviárnolo por calquera outro medio. Animádevos a participar!

Bymilesios

Milesios

Maite Veiga, Marta Portela, Noelia Fersán, Paula Veiga, Senén Montero, Manuel Mª Veiga e Manuel do Moucheiro.

ByMilesios

Puntos de venda

Ben sabedes que podedes escoitar e descargar indoevindo nas principais plataformas online. Pero o libro-CD paga a pena, así que tamén podedes conseguilo nos nosos concertos e na plataforma Bandcamp.

Mais se non vos é posíbel acceder a el por estes medios, tamén podedes compralo en calquera dos seguintes puntos de venda:

Lugo: Tradescola, Arco Iris Musical

Coruña: A Repichoca

Compostela: Libraria Pedreira

Castroverde: A chave das noces

ByMilesios

Gravacións

En 2011, Milesios gravou cinco temas no local de ensaio, que foron mesturados e masterizados por Isaac Palacín e que foron distribuídos como maqueta.

En 2013, confeccionouse o primeiro disco gravado co estudo móbil de Fuzz Audio Facilities baixo a dirección técnica de Ezequiel Orol.

En 2017, saiu á luz o segundo disco de estudo producido por Milesios. A gravación, mestura e masterización foi realizada en Abrigueiro Estudios por Arturo Vaquero.

ByMilesios

A Repichoca, sempre.

Onte pasámolo xenial compartindo música e baile na Repichoca para presentarmos o noso libro-CD indoevindo. Fica presentado e ben acollido. Moitas grazas aos que participastes da repichoca e a aqueles que comprastes o CD. E se non puidestes asistir, alí quedaron algúns exemplares por se o queredes conseguir.