Author ArchiveMilesios

ByMilesios

Serões n’Aldeia

O último domingo do mes de xullo visitaremos Friestas, no distrito de Valença do Minho. A actuación comezará ás 22:30.

ByMilesios

Eido Dourado

O próximo domingo 22 de xullo, participamos no ciclo “Sons no solpor” que organiza Celso Dourado no museo “Eido Dourado”, na praia da Pasada, San Miguel de Reinante.

ByMilesios

Festival da Chaira

Este sábado 21 de xullo, a partir das dez da noite estaremos en Baltar, Pastoriza, no festival que organiza a Asociación Cultural A Chaínza.

ByMilesios

Despedida

Foi un pracer poder acoller no clan milésico á harpista internacional Elaine Brown durante todo un ano. Aínda que agora teñamos que despedirnos, esperamos que nos volvamos encontrar noutras ocasións. Ata sempre e boa sorte!

ByMilesios

Gala no Clavi

O 19 de abril estaremos no Clavi apoiando á Asociación da Síndrome Wolf-Hirschhorn. A gala benéfica comeza ás 22:30. Vémonos!

 

ByMilesios

Grandes voces do noso mundo

O pasado venres 9 de marzo entrevistaban á nosa cantante Maite Veiga no programa Grandes voces do noso mundo de Radio Burela. Obrigados!

Animávosvos a escoitar o programa enteiro, pero se non tedes tanto tempo, podedes escoitar a nosa música a partir do minuto 14 e a entrevista a partir do minuto 18:20.

ByMilesios

Novo videoclip!

Por fin, xa podedes ver o novo videoclip de Milesios para o noso segundo CD indoevindo. O tema elixido nesta ocasión é o Valse de Ribarteme, corte número 8 deste libro-CD no que Milesios pon a música e Daniel Díaz Trigo a fotografía.
A dirección e realización do videoclip correu a cargo de Sito Torres. Da edición e posprodución encargouse Edi Vieito, mentres os actores e a produción da ficción foron proporcionados por Márdea Producións.

ByMilesios

Agradecidos á xente da Arca da Noe

Tivemos unha acollida excepcional na Arca da Noe! Moitas grazas a todo o persoal e a todo o público. Desfrutamos do concerto e do posconcerto. Até a próxima!

ByMilesios

Tamén en Italia

Si. Tamén nos coñecen en Italia. Grazas a Alessandro Michelucci por presentar o noso traballo no número 249 da revista Cultura Commestibile.

ByMilesios

A Arca da Noe

Este sábado 24, día de Rosalía, hai xustamente un ano que presentamos en Lugo o noso último CD indoevindo, e queremos celebralo nun dos locais culturais de máis sona no país A Arca da Noe. Agardámosvos!