Blog

ByMilesios

Ata a próxima, Lugo!

Agradabilísimo concerto coa grande familia luguesa nun novo San Froilán. Moitísimas grazas a todos os que asististes!

ByMilesios

San Froilán 2017

Agrádanos estar na programación do San Froilán en Lugo para presentar o noso último CD “indoevindo“. Desta volta, contaremos ademais coa colaboración especial da harpista británica Elaine Brown.

O concerto é un pouco cedo, ás oito menos cuarto, porque ás nove comeza o concerto de Capercaillie, pero agardamos vervos alí.

ByMilesios

Até mais, Famalicão!

Obrigado a todos os que estiveram connosco anteontem no concerto, na alameda do mosteiro de Landim. Até mais!

ByMilesios

V Sons da Celtibéria

Milesios participará o próximo sábado 26 de agosto na quinta edición do festival Sons da Celtibéria, que terá lugar na Alameda do Mosteiro de Landim (Vila Nova de Famalicão).

ByMilesios

Merenda e foliada na Santa Isabel

Foi agradabilísimo participarmos onte no IV Convivio da Cultura Galega. Moitas grazas á Fundación Manuel María por contaren con nós e moitas grazas a Xurxo Souto pola presentación. Grazas tamén a cantos asististes e fixestes festa pola cultura.

ByMilesios

IV Convivio da Cultura

O próximo sábado 8 de xullo, os Milesios participarán no 4º Convivio da Cultura Galega que organiza a Casa-Museo Manuel María, a federación Galiza Cultura de asociacións culturais galegas e a Asociación Cultural e Musical Solfa.

ByMilesios

Os Milesios no Clavi

Moitas grazas por virdes onte á festa milesia do Clavi!

 

ByMilesios

III Tradilucus

O próximo venres 30 de xuño tocamos no Club Clavicémbalo, en Lugo. Será dentro do III Tradilucus que organiza a sala e teremos algúns convidados especiais.

ByMilesios

Presentado indoevindo en Castro

O certo é que hai tempo que tiñamos ganas de tocar en Castro, así que foi un pracer presentar indoevindo na Casa da Cultura. Grazas aos que vos achegastes ao concerto, grazas a Gaia Pandeireteirxs pola súa participación no evento e grazas a Daniel Díaz Trigo polo traballo realizado e pola foto que ilustra este artigo.

ByMilesios

17 de xuño: Castro

O próximo sábado día 17, Daniel Díaz Trigo e os Milesios presentamos o noso libro-CD indoevindo na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea.
Nesta ocasión, estaremos acompañados polos amigos de Gaia Pandeiretereirxs. O concerto comezará ás oito da tarde e a entrada é de balde ata completar o aforo.
O acto conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei.