O próximo día 8 de agosto hase celebrar, finalmente, a fase final do III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”. Será a partir das 12 da noite no Paseo da Constitución de Fregenal de la Sierra, provincia de Badaxoz. Ademais de Milesios, están clasificados para esta final Menaya Folk, de Castela e León e BOC das Illas Baleares. Inicialmente concorreron ao certame 30 grupos, dos cales foron seleccionados seis, mais tan só tres grupos participarán na final a causa dos adiamentos consecutivos.

Fis