Vémonos no Con do Moucho

ByMilesios

Vémonos no Con do Moucho

con do mouchoO próximo luns 16 de maio, ás 12 da noite, comezando xa o Día das Letras, estaremos no Con do moucho, na illa de Arousa. Estamos moi ilusionados coa actuación neste local emblemático e nesta data sinalada, e agardamos que disfrutedes da nosa música.

Por outra banda, lembrámosvos que ata o día 23 de maio seguimos no proceso de votación do Proxecto Runas para ser seleccionados para o Festival de Ortigueira. Moitas grazas ao Con do moucho pola súa colaboración na votación http://ir.gl/fd8ab7.

About the author

Milesios administrator